Queres mellorar esta tradución? 
 

(Placeholder for ads — Just like you, I wish this site could exist without them...)

[rufus icon] Rufus

Crear memorias USB de arranque facilmente
[rufus screenshot]

Rufus é unha utilidade que axuda a formatar e crear memorias USB arrancables, como pendrives, chaves USB, tarxetas de memoria, etc.

Pode ser especialmente útil para casos onde:

A pesar do seu pequeno tamaño, Rufus dáche todo o que precisas!

Ah, e Rufus é rápido. por exemplo, é casi dúas veces máis rápido que UNetbootin, Universal USB Installer ou a ferramenta de descarga a USB de Windows 7, na creación dun instalador USB de Windows 7 dende unha ISO. Tamén é lixeiramente máis rápido na creación de USB de arranque de Linux a partir de ISO. (1)
Máis abaixo hai unha lista non exhaustiva de ISOs soportadas por Rufus. (2)

Descargar

Actualizado o 2017.11.07:

Idiomas admitidos:

Azərbaycanca Bahasa Indonesia Bahasa Malaysia Български Čeština Dansk Deutsch
Ελληνικά English Español Français Hrvatski Italiano Latviešu Lietuvių Magyar Nederlands
Norsk Polski Português Português do Brasil Русский Română Slovensky Slovenščina Srpski
Suomi Svenska Tiếng Việt Türkçe Українська 简体中文 正體中文 日本語 한국어 ไทย
עברית العربية فارسی.

Requisitos do sistema:

Windows XP e posterior, non importa se é de 32 ou 64 bits. Unha vez descargado, Rufus está listo.

Aproveito esta oportunidade para expresar a miña gratitude aos tradutores que fixeron posíbel que Rufus, ao igual que esta páxina web, estean dispoñibles en varios idiomas. Se vostede aprecia o feito de que poida empregar Rufus no seu propio idioma, debería agradecerllo!

Uso

Descargue o executable e ábrao – non é necesario instalalo.

O executable está firmado dixitalmente e a sinatura debería indicar:

Notas sobre a compatibilidade con DOS:

Se creas un disco de arranque DOS e empregas un teclado non estadounidense, Rufus tentará seleccionar unha disposición de teclado a partir da configuración rexional do sistema. Nese caso, recoméndase FreeDOS, que é a opción predeterminada, xa que admite máis disposicións de teclado.

Notas sobre a compatibilidade con ISO:

Tódalas versións de Rufus dende a v1.1.0 permiten a creación dun USB de arranque dende unha imaxe ISO (.iso).

Crear unha imaxe ISO dende un disco físico ou dende un conxunto de arquivos é moi fácil, mediante o uso dun programa de gravación de CD, como o gratuito CDBurnerXP ou ImgBurn.

Notas sobre soporte UEFI e GPT:

Dende a versión 1.3.2, Rufus soporta UEFI e GPT para medios de instalación, o que significa que poderás instalar Windows 7, Windows 8, Windows 10 ou Linux en modo EFI completo.
Porén, requírese Windows Vista ou superior para soporte UEFI/GPT completo. Debido ás limitacións do sistema operativo, Windows XP restrinxe a creación de discos de arranque UEFI en modo MBR.

Preguntas frecuentes

Un listado de preguntas máis frecuentes está dispoñible AQUÍ (en inglés).

Para enviar comentarios, reportar un erro ou solicitar unha mellora, por favor use o sistema de seguimento de incidencias de github (en inglés). Tamén podes Enviarme un correo electrónico.

Licenza

Licenza Pública Xeral de GNU (GPL) versión 3 ou posterior.
Es libre de distribuir, modificar e incluso vender o Software, na medida de que respectes a licenza GPLv3.

Rufus é desenvolvido nunha forma 100% transparente, dende o seu código fonte público, empregando un entorno MinGW32

Rexistro de cambios (en inglés)

Código Fonte

Se es un programador, animámosche a fedellar con Rufus e enviar parches.

Doazóns

Xa que me están preguntando sobre isto con regularidade, non hai ningún botón de doazón nesta páxina.

A razón principal é que penso que o sistema de doazóns non axuda ao desenvolvemento do software, e peor aínda, pode provocar sentimentos de culpa nos usuarios que prefiran non doar.

Se realmente insistes, sempre podes doar á Free Software Foundation, xa que son a principal razón pola que software como Rufus sexa posible.

De todas formas, tomo esta oportunidade para agradecerche o teu continuo apoio e entusiasmo en este pequeno programa: aprécioo moito!

Pero, por favor, continúe usando Rufus libremente sen ningunha culpa por non haber contribuído financeiramente – nunca debería ter que facelo!

 

(1) Comparación de velocidade entre Rufus e outras aplicacións.

As seguintes probas realizáronse nun computador con Windows 7, Core 2 Duo de 64 bit, 4 GB de RAM, cun controlador USB 3.0 e unha memoria USB 3.0 de 16 GB ADATA S102.

• Windows 7 x64en_windows_7_ultimate_with_sp1_x64_dvd_618240.iso

Windows 7 USB/DVD Download Tool v1.0.3000:08:10
Universal USB Installer v1.8.7.500:07:10
UNetbootin v1.1.1.100:06:20
RMPrepUSB v2.1.63800:04:10
WiNToBootic v1.200:03:35
Rufus v1.1.100:03:25

• Ubuntu 11.10 x86ubuntu-11.10-desktop-i386.iso

UNetbootin v1.1.1.100:01:45
RMPrepUSB v2.1.638 00:01:35
Universal USB Installer v1.8.7.500:01:20
Rufus v1.1.100:01:15

• Slackware 13.37 x86slackware-13.37-install-dvd.iso

UNetbootin v1.1.1.101:00:00+
Universal USB Installer v1.8.7.500:24:35
RMPrepUSB v2.1.63800:22:45
Rufus v1.1.100:20:15

 

(2) Lista non exhaustiva de ISOs coas que se sabe que Rufus pode traballar

Arch Linux Archbang BartPE/pebuilder CentOS Damn Small Linux Debian Fedora FreeDOS
FreeNAS Gentoo GParted gNewSense Hiren's Boot CD LiveXP Knoppix KolibriOS Kubuntu
Linux Mint NT Password Registry Editor Parted Magic Partition Wizard Raspbian
ReactOS Red Hat rEFInd Slackware Super Grub2 Disk Tails Trinity Rescue Kit Ubuntu
Ultimate Boot CD Windows XP (SP2+) Windows Vista Windows Server 2008 Windows 7
Windows 8 Windows 8.1 Windows Server 2012 Windows 10 Windows Server 2016